Discordancias

Odiamos a música cando deixa de soar
Disque disque @discordanciasgl
A peña

Impórtame ben pouco o papanatismo da xente en xeral e de algún artista en particular. Moléstanme en exceso as posicións obtusas e os enfrontamentos propios dos hooligans que, dun tempo a esta parte, manchan as paredes dos blogues e medios musicais de todo o Estado. Non soporto o extremismo veña de onde veña, incluso cando vén de min.

De que estou a falar? Dos indies de dereitas? Se cadra si. A pregunta é, son de dereitas? Tal vez a cuestión sexa, son indies?

Finalmente e indo un pouco máis alá, que é indie?

Para min que eclosionei musicalmente nos noventa, o concepto indie ía collido da man do concepto alternativo. Era, en certo modo, música contestataria (con toda a limitación capitalista do mercado discográfico). NirvanaSonic Youth,… todos saían na MTV pero viñan dos circuítos marxinais e contraculturais. David Geffen aínda molaba. E no pequeno imperio empresas como Subterfugeou Elefantcrecían exponencialmente en número de seguidores.

Logo a cousa evoluíu de xeito triste. Kurt Cobainrebentou a cabeza cunha escopeta, a MTVdedicouse a facer shit-comsGeffenmercou un iate de 300 millóns e Subterfugerematou buscándolle banda sónora a anuncios de refrescos insulsos.

É moi probábel que sigamos sen saber o que representaba iso de ser indie pero podo asegurarvos que en Ferrol (onde eu crecín) non era sinónimo de complacente. Tamén é certo que non eramos politicamente moi activos. Algo do que podemos culpar á traición sistemática que todo o arco político perpetrou contra a miña cidade.

indie como contraposición ao mainstream… qué aconteceu cando os conceptos se misturaron e os mainstream se disfrazaron de indie e os selos indies foron viveiros para as multis, previo paso polo status de jingle cervecero?

Chegaron os indies de dereitas.

Porque a estas alturas da película xa non hai indies e xa non hai esquerda!

E si, isto é só por rosmar e crear polémica. Pero nos tempos que corren ser indie non é sinónimo de contestatario (co cal o concepto fica anulado per se) e ser de esquerdas non é antónimo de ser de dereitas (co cal para qué?)

Botámonos as mans á cabeza cando a Mai Menesesa nena da corte, anuncia que vai participar nun acto dos antiabortistas. Qué esperabamos desa laida? Unha tipa que casa pola igrexa co community manager do PP logo de que este a empreñe? Como ten cartos pode casar co rapaz e asunto resolto, Dios mira para outro lado. Se vendera a mesma cantidade de discos que os Noise Projecttería que deixar o bebé na porta dun convento.

Berramos anatema cando a Russian Reddi que se identifica máis coa dereita. Alguén recorda o conflicto que tivo esta moza coa súa discográfica primeira? Resulta que asinou o contrato sen ler ben o que poñía e logo foi á prensa a contar que a estafaran. Pois iso, unha oportunista. En España vai gobernar o Partido Único nos próximos lustros así que Lourdes pensou, hai que se levar ben coas hordas marianas. Agora é idolatrada polo clan cavernario do pequeno imperio.

Penso que non hai mellor desprezo que non facer aprezo. Que somos todos uns burgueses de moito carallo e que se vivise Joe Strummer(Estrume como lle chamabamos os colegas) aínda nos había dar unha lección de como combatir o sistema e facer boa música ao mesmo tempo. Iso si que sería indie e de esquerdas.

Foto: alterna2 (cc by 2.0)